Concello da Estrada

¿Aínda non tes conta de correo en aestrada.com?

¡A que esperas!

Accede ao teu correo Accede ao teu correo

estou en ... > CULTURA > Cultura > Premios literarios > Poesía
13 de Outubro de 2006

BASES AVELINA 2007

O Excmo. Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, comprometidos/as e sensibilizados/as co proceso de creación cultural desexan contribuír á difusión da lírica galega, e ao tempo servir como estímulo para que novos/as autores/as percorran o complexo e en ocasións pouco agradecido camiño da poesía, esa arte literaria de minorías, que historicamente adquiriu en Galicia unha importancia superior ao resto dos xéneros.

Preténdese valorar o traballo do/a poeta, do médium das artes, do/a alquimista que tende a ponte entre dous mundos, entre a realidade  e a imaxinación, o sólido e o volátil, a terra e o espírito, conseguindo en cada traballo o antigo soño de transformar o chumbo en ouro.

Do mesmo xeito, perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade.

Por último, e non menos importante, colaborar coa divulgación da obra da poetisa estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico.

                                             XI PREMIO DE POESÍA AVELINA VALLADARES

                                                                                   BASES

PRIMEIRA

Poderán concorrer ao Premio todos/as os/as autores/as de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

SEGUNDA

Os orixinais serán presentados por cuadriplicado, con liberdade de tema e forma contando cun mínimo de 150 versos e un máximo de 400 antes do 23 de marzo do 2007. Deberán ser remitidos ao seguinte enderezo: XI Premio de Poesía Avelina Valladares. Excmo. Concello da Estrada. Pza. da Constitución s/n C.P. 36680 A Estrada (Pont).

TERCEIRA

Con cada orixinal, que deberá ser entregado baixo lema, xuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo e teléfono do/a autor/a.

CUARTA

O premio terá unha dotación económica de 1503 euros que se distribuirá indivisiblemente nun único premio.

QUINTA

O xurado estará composto por tres membros  escolleitos/as entre recoñecidas figuras  do mundo da cultura propoñendo un/unha cada un dos grupos políticos representados na Corporación. Contará asemade con un/unha secretario/a,  con voz e sen voto, en representación do Excmo. Concello da Estrada. O Premio entregarase por maioría de votos.

SEXTA

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

SÉTIMA

A decisión do xurado será anunciada publicamente o venres, 4 de maio do 2007. A Entrega do Premio levarase a cabo durante o mes de maio, en acto público que se anunciará oportunamente.

OITAVA

O Excmo. Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados, nunha antoloxía creada a tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autor e compensando aos/ás autores/as con exemplares do volume que, no seu día, se puidese editar. No caso de publicación da obra polo/ autor/a, deberase facer referencia ao Premio obtido neste certame.

NOVENA

As obras poderán ser retiradas, previa solicitude por escrito, dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado. Pasado ese prazo serán destruídas. O Excmo Concello da Estrada non manterá correspondencia cos/coas autores/as dos traballos presentados nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal.

DÉCIMA

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.

BASES XIII PREMIO DE POESÍA AVELINA VALLADARES

PRIMEIRA

Poderán concorrer ao Premio todos/as os/as autores/as de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

SEGUNDA

Os orixinais serán presentados por cuadriplicado, con liberdade de tema e forma contando cun mínimo de 150 versos e un máximo de 400 antes do 3 de abril do 2009. Deberán ser remitidos ao seguinte enderezo:   XIII Premio de Poesía Avelina Valladares. Excmo. Concello da Estrada. Pza. da Constitución s/n C.P. 36680 A Estrada (Pont).

TERCEIRA

Con cada orixinal, que deberá ser entregado baixo lema, xuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo e teléfono do/a autor/a.

Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003

CUARTA

A dotación económica será de 2.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio.

QUINTA

O xurado estará composto por tres membros  escolleitos/as entre recoñecidas figuras  do mundo da cultura propoñendo un/unha cada un dos grupos políticos representados na Corporación. Contará asemade con un/unha secretario/a,  con voz e sen voto, en representación do Excmo. Concello da Estrada. O Premio entregarase por maioría de votos.

SEXTA

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.

SÉTIMA

Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na  data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

OITAVA
 
O Excmo. Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados, nunha antoloxía creada a tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autor e compensando aos/ás autores/as con exemplares do volume que, no seu día, se puidese editar. No caso de publicación da obra polo/ autor/a, deberase facer referencia ao Premio obtido neste certame.

NOVENA

As obras poderán ser retiradas, previa solicitude por escrito, dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado. Pasado ese prazo serán destruídas. O Excmo Concello da Estrada non manterá correspondencia cos/coas autores/as dos traballos presentados nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal.

DÉCIMA

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.

Bases XII Premio de Poesía Avelina Valladares

PRIMEIRA

Poderán concorrer ao Premio todos/as os/as autores/as de calquera nacionalidade que presenten acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

SEGUNDA

Os orixinais serán presentados por cuadriplicado, con liberdade de tema e forma contando cun mínimo de 150 versos e un máximo de 400 antes do 4 de abril do 2008. Deberán ser remitidos ao seguinte enderezo:   XII Premio de Poesía Avelina Valladares. Excmo. Concello da Estrada. Pza. da Constitución s/n C.P. 36680 A Estrada (Pont).

TERCEIRA

Con cada orixinal, que deberá ser entregado baixo lema, xuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo e teléfono do/a autor/a.

CUARTA

O premio terá unha dotación económica de 2000 euros que se distribuirá indivisiblemente nun único premio.

QUINTA

O xurado estará composto por tres membros  escolleitos/as entre recoñecidas figuras  do mundo da cultura propoñendo un/unha cada un dos grupos políticos representados na Corporación. Contará asemade con un/unha secretario/a,  con voz e sen voto, en representación do Excmo. Concello da Estrada. O Premio entregarase por maioría de votos.

SEXTA

A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

SÉTIMA

Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na  data e lugar que se anunciarán oportunamente. 

OITAVA

O Excmo. Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados, nunha antoloxía creada a tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autor e compensando aos/ás autores/as con exemplares do volume que, no seu día, se puidese editar. No caso de publicación da obra polo/ autor/a, deberase facer referencia ao Premio obtido neste certame.

NOVENA

As obras poderán ser retiradas, previa solicitude por escrito, dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado. Pasado ese prazo serán destruídas. O Excmo Concello da Estrada non manterá correspondencia cos/coas autores/as dos traballos presentados nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal.

CIMA

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.

As mans do poeta

Premio de poesía Avelina Valladares

O Excmo. Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, comprometidos/as e sensibilizados/as co proceso de creación cultural desexan contribuír á difusión da lírica galega, e ao tempo servir como estímulo para que novos/as autores/as percorran o complexo e en ocasións pouco agradecido camiño da poesía, esa arte literaria de minorías, que historicamente adquiriu en Galicia unha importancia superior ao resto dos xéneros.

Preténdese valorar o traballo do/a poeta, do médium das artes, do/a alquimista que tende a ponte entre dous mundos, entre a realidade  e a imaxinación, o sólido e o volátil, a terra e o espírito, conseguindo en cada traballo o antigo soño de transformar o chumbo en ouro.

Do mesmo xeito, perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade.

Por último, e non menos importante, colaborar coa divulgación da obra da poetisa estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico.

  Rias Baixas Deputación de Pontevedra Concello da Estrada
Aviso legal . Accesibilidade