Concello da Estrada

¿Aínda non tes conta de correo en aestrada.com?

¡A que esperas!


Accede ao teu correo Accede ao teu correo












11 de Abril de 2007

Tralo éxito da programación para mozos e adultos do Marzo Pop

Baixo o nome "Abril é dos Nenos" a Concellería de Cultura da Estrada organiza unha morea de espectáculos dirixidos ó público infantil


Amais da última gran producción para nenos do Centro Dramático Galego, "Tarará Chis Pún", o programa conta cunha obra pensada para bebés de entre 6 meses e tres anos

 

 

O Departamento de Cultura inaugura este ano unha nova corrente de representacións ás que se lle quere dar unha periodicidade cíclica, encadrada na programación xeral que se desenvolve de xeito habitual entre os meses de xaneiro a xuño. Trátase do programa denominado "Abril é dos nenos", onde se desenvolverán durante todo este mes e os seguintes, actividades teatrais directamente enfocadas ó público infantil.

 

O ciclo constará de 4 actuacións en 4 sábados consecutivos ademais de contar coa representación o mércores 11 de abril para centros de ensino, en horario escolar, e o xoves 12 pola tarde para público en xeral coa última gran producción infantil do Centro Dramático Galego, "Tarará Chis Pún" da que vos informamos tamén hoxe en nota de prensa. Coma curiosidade, explicar que por primeira vez, prográmase unha obra especialmente pensada para bebés.

 

TODALAS OBRAS REPRESENTARÁNSE NO TEATRO PRINCIPAL E O CUSTO DAS ENTRADAS É DE 2€

 

PROGRAMA

 

Sábado, 14 de abril ás 18:00 horas

 

"Glub Glub" de Caramuxo Teatro. Obra dirixida aos bebés. De 6 meses aos 3 anos de idade. A obra desenvólvese no escenario cos bebés acompañados dun dos seus pais sentados en círculo sobre unha alfombra. O prezo é de 2 € no que pagan só os bebés, non os pais. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.
Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.
Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.
*Polas características da montaxe o aforo redúcese a 80 espectadores.

 

PÓDESENSE RETIRA-LAS ENTRADAS EN VENDA ANTICIPADA A PARTIR DO MÉRCORES 11 DE ABRIL NO PRIMEIRO ANDAR DA CASA DO CONCELLO, NO DEPARTAMENTO DE CULTURA

 

 

Sábado, 21 de abril ás 18:00 horas

 

"Cristovo e as marabillas" de Sarabela Teatro. Sarabela é a compañía galega que mellor coida o teatro infantil de actor. Nesta ocasión cóntanos a historia de Colón, un neno ao que o mundo se lle queda pequeno, abúrrese no colexio e quere viaxar. Utilizando o libro das marabillas poderá coñecer Armenia, Bagdad, as estepas tártaras ou a excitante corte de Kublai Kan.

 

 

Sábado, 28 de abril ás 18:00 horas

 

"O gordo e o calvo" de Os sete magníficos + 1. Os reis do clown galego preséntannos este espectáculo para todos os públicos, dirixido polo mestre de pallasos italiano Carlo Colombaioni, levando a escea unha das máis fermosas farsas da súa saga familiar, no que se recuperan sinxelas técnicas clásicas do mundo do pallaso de circo. A creatividade e actitude de risco se poñen ao servicio dunha obra de clown chea de maxia.

 

Sábado, 5 de maio ás 18:00 horas

 

"Os Colombaíños" de Os Colombaíños. Nove actores, música en directo, malabares, zancos e acrobacia, presentes sempre nos espectáculos circenses, teñen cabida neste espectáculo. O Sr. Retrinco, diante da crise económica que atravesa o seu circo, decide pechalo. Os pallasos do mesmo, os Colombaíños, únicos artistas que aínda permanecen na carpa, ofrécense para sacar adiante a que quizais sexa   a derradeira función do vello Circo do retrinco.

 

  Rias Baixas Deputación de Pontevedra Concello da Estrada
Aviso legal . Accesibilidade