Concello da Estrada

¿Aínda non tes conta de correo en aestrada.com?

¡A que esperas!


Accede ao teu correo Accede ao teu correo

Como chegar

Como chegar

O Concello da Estrada está estratexicamente encadrado entre Pontevedra e Santiago de Compostela, e limita cos concellos de Cuntis, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Silleda, Pontecesures, Valga, Teo, Padrón, Vedra e Boqueixón.

Pola súa situación central na Provincia, dende A Estrada accédese ás grandes cidades de Galicia; Santiago de Compostela, capital espiritual e política do país, da que só a separan 25 Kms e das grandes cidades do Norte e do Sur, A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Ten unha extensión de 281,8 Km. cadrados e unha poboación de 22.456 habitantes, distribuídos entre as 51 parroquias e 473 lugares que fan o municipio de maior núcleos rurais de todo o Estado .



Distancia coas principales cidades por estrada:


  • A Coruña: 86 km.
  • Ferrol: 115 km.
  • Lugo: 99 km.
  • Ourense: 79 km.
  • Pontevedra: 37 km.
  • Santiago de Compostela: 25 km.
  • Vigo: 64 km.

Información das estrada galegas

D.G.T. Dirección General de Tráfico. www.dgt.es
Ministerio de Fomento. www.mfom.es
Xunta de Galicia. www.xunta.es

Autobuses
Estación de Autobuses: Rúa Matadoiro. Teléfono: 986 572 740

Aéreo
Aeroporto del Lavacolla (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 547 500
http://www.aena.es/

  Rias Baixas Deputación de Pontevedra Concello da Estrada
Aviso legal . Accesibilidade