Concello da Estrada

Biografía Xosé Manuel Martínez Oca

Empregado de banca

Naceu na Estrada no ano 1.942. Vivirá en Ourense dos 11 aos 20 anos. No ano 1.962

Trasladouse á Coruña, onde reside dende aquela, con períodos de estadía en Ferrol

( 1.963), Ifni ( 1.964-65, por servicio militar), Cee ( 1.967-68), Madrid ( 1.969) e Bilbao

( 1.970-74). Na actualidade reside na Coruña.

 

Estamos perante un dos máis prolíficos autores da narrativa galega contemporánea. A súa primeira novela longa publicada foi UN ANO E UN DÍA ( Ed. do castro, 1.980; Edicións Xerais de Galicia,, 1.990). Ese mesmo ano publicou  A FUXIDA

( Edicións Xerais de Galicia, 1.980). No ano seguinte saíu  publicada a súa obra A CHAMADA ESCURA DOS CABORCOS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.981).  No ano 1.982 publicou NA ESPADA NA AUGA ( Ed. castrelos, 1.982).

No ano 1.983 acadou un dos máis sobranceiros premios das nosas letras, o “ Eduardo Blanco Amor” coa novela BEIRAMAR ( Edicións Xerais de Galicia,1.983) e tamén publicou este mesmo ano OS CHAPURROS ( Ed. do castro, 1.983). Tras uns anos

En que non publicou ningunha novela longa, no ano 1.986 publica DETRÁS DO SILENCIO ( Sotelo Blanco, 1.986), para continuar nos anos seguintes con ROI E OS SEUS AMIGOS ( Ed. Casals, 1.987) e AS FLORESTAS DO MAÑUEMA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.988; A Nosa Terra, 1.997). Tras outros anos de silencio sacará a novela OS CULPABLES ( Vía Láctea, 1.993) e no ano

Sequinte DIARIO DE INVERNO ( Ed. Bahía, 1.994) e VIOLANTE-A ALDEA MORTA ( Ed. Nigra, 1.994). No ano 1.995 publicará NÁUFRAGOS EN TERRA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.995; La Voz de Galicia, col. Biblioteca Galega 120, 2.002). Dous anos máis tarde aparecerá TODO O PESO DO CEO

(  Edelvives,1.997). Tras outros tres anos, publicará o seu libro de viaxes DOS CAMIÑOS DE ARRIEIROS ÓS PAZOS DA ULLA ( A Nosa Terra, 2.000). Ultimamente sacou á luz a obra O TEMPO EN NINGUNHA PARTE

( Espiral Maior, 2.003).

 

Con todo, cómpre salientar que onde máis prolífico se amosou Martínez Oca foi en obras colectivas e de colaboración en conxunto con outros autores. Xa no ano 1.975

Martínez Oca foi finalista do 1º Premio de narración curta “Pedrón de Ouro”,

Premio que posteriormente pasou a se coñecer como “ Premio Modesto R. Figueiredo”,

E así viu publicado o seu primeiro relato curto titulado “ Un home no corral”, inserido

Na obra titulada CATRO NARRACIÓNS ( Ed. do castro, 1.977). No 1.978 o

Seu relato “ A figueira” formará parte da obra NÚMERO DE PATENTE

( Ed. do castro, 1.978) e “ No fondo do espello” da  obra A FUNDICIÓN E OUTRAS NARRACIÓNS ( Ed. do castro, 1.978). Neste mesmo  ano acadará o

1º Premio da 4ª Edición dos premios Modesto R. Figueiredo co relato titulado

“ A negra”,  que posteriormente lle deu título á obra colectiva A NEGRA

( Ed. do castro, 1.979).No ano 1.981 o seu relato “ Os lóstregos e a carballeira” sairá publicado na obra titulada PREMIOS CASA DE GALICIA DE LAS PALMAS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.981). Este mesmo ano volve a se proclamar

Gañador do premio Modesto R. Figueiredo na súa 7ª Edición co seu relato “ Noite de luar”, que se publicará posteriormente na obra A GRANDE NOVELA (Ed. do castro, 1.982). A continuación publicará o seu relato “ As miñas relacións ca igrexa”

Na obra MEDUSA ( Sotelo Blanco, 1.984). Ata tres anos despois non volverá a publicar en obras colectivas, o que ocorrerá co seu relato “ Monólogo do autor inédito”, que figurará na obra MONÓLOGOS ( Sotelo Blanco, 1.987). No ano 1.989 sairá o seu “ A pomba baixo da roda” na  obra CADERNO DE VIAXE

( Edicións Xerais de Galicia, 1.989). No ano seguinte publicará “ A ti, Laura” en O RELATO BREVE 1.980-1.990 ( Edit. Galaxia, 1.990) e “ O artículo mortal” en

SEDE CENTRAL 2 ( Clube Cultural Adiante, 1.990). No ano 1.991 verán a luz os seus relatos “ Celso Emilio, aí está o imperio” en VOZ E VOTO ( Patronato Curros Enríquez, 1.991), “ Patxi e Fuco” en OS CONTOS DA CAMPAÑA

( 3) ( Xunta de Galicia, 1.991) e “ Desexo” en HOMENAXE A LAXEIRO

( Galería de Arte citania, 1.991). No ano seguinte publicou,  en conxunto con Inmaculada Pellicer, a obra A CIDADE DO VENTO ( Edicións do cumio, 1.992) e “ Luz, vento, mar...” en A CORUÑA, ¡ ASÍ A QUEREMOS ! ( Mesa pola Normalización Lingüistica, 1.992). Continuará con “ Acisclo Manzano” en GALICIA HOXE, GALICIA SEMPRE-ACISCLO, QUESADA (Parlamento de Galicia, 1.993). No ano 1.995 publicará “ Noite de luar” en MANUAL E ESCOLMA DO RELATO GALEGO ( Sotelo Blanco. 1.995).

A continuación sairán a luz os seus relatos “ O artigo mortal” en UNHA LIÑA NO CEO ( Edicións Xerais de Galicia, 1.996), “ Un arrecendo de rosas” en BERRA LIBERDADE ( Edit. Galaxia, 1.996) e “ O médico de San Miguel” en MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA LEMBRANZA ( Ed. do Castro, 1.996). Seguirá co relato “ Reencontro” na obra NOVO DO TRINQUE ( Concello Comarcal do BNG, comarca de Santiago de Compostela, 1.997).

X neste século temos a publicación dos relatos “ Castelao visto por un estradense” en CLÁSICOS E MODERNOS 2 ( Departamento de Galego-portugués, Univ. da  Coruña, 2.000), “ Dolmen” en MANUEL MARÍA ( Asociación Cultural Xermolos, 2.001) e “ Contra a mentira e a ocultación” en ALMA DE BEIRAMAR ( A Nosa Terra- AELG, 2.003).

 

Tamén  Martínez Oca foi autor de dúas traducións ao  noso idioma, de PAULO E VIRXINIA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.985) e MAIGRET NA ESCOLA

(Vía Láctea, 1.992).

 

Ademais Martínez Oca é un asiduo colaborador de diferentes xornais e revistas, como as revistas “ Dorna”,  “ Man Común”, “ Follas Secas”,  “ Luzes de Galiza”, “ Boletín Galego de Literatura”, “ Madrygal”... e de xornais coma “ El Ideal Gallego”, “ La Región”, “ La Voz de Galicia”,  “ Diario 16 de Galicia” “ Faro de vigo”, “ A Nosa Terra”.