Naceu en Cesures (Pontevedra) no ano 1.951. Ao longo da súa infancia residiu en varios lugares de Galiza acompañando á súa familia  polos diversos destinos que seu pai, mestre, ía obtendo.  Con el aprenderá as primeiras letras e prepara  o ingreso no Bacharelato, que cusa no colexio Apóstol Santiago de Vigo e no INB da Estrada.

 

Estuda Maxisterio en Santiago de Compostela e  posteriormente a carreira de Xeografía e Historia, especialidade de historia. Elabora e defende a súa tese de licenciatura  “Reconstrucción demográfica de una parroquia rural gallega. Guimarei, A Estrada-Pontevedra, 1.700-1.850”, obtendo a máxima cualificación do Tribunal.

 

Realiza e remata en Madrid os Cursos de doutoramento e prepara a Tese de Doutoramento no ámbito da demografía histórica so o título “Los orígenes de la villa de A Estrada: aspectos demográficos y económicos”.

 

Exerce a súa carreira como docente no CPI “Aurelio Marcelino Rey” de Cuntis, impartindo clases de Xeografía e Historia na ESO.

 

Na actualidade é Director do Museo “Manuel Reimóndez Portela” da Estrada e coordinador editorial da publicación “A Estrada, miscelánea histórica e cultural”, que  se vén editando dende o 1.998.

 

É autor de tres obras concernientes a diferentes itinerarios inseridos nunha ampla colección. Así comezou publicando ITINERARIO DIDÁCTICO POLO CONCELLO DA ESTRADA (Vía Láctea, 1.986), ITINERARIO DIDÁCTICO POLO BAIXO MIÑO (Vía Láctea, 1.987) e ITINERARIO DIDÁCTICO POLA BACÍA DO ULLA E PENÍNSULA DO BARBANZA (Vía Láctea, 1.987). Cómpre salientar as súas colaboracións en diferentes publicacións colectivas, moi especialmente en prácticamente todos os números da revista “A Estrada. Miscelánea histórica e cultural”, da que é o seu actual coordinador. Tamén colaborará en revistas como “Gallaecia” e “Brigantium”, e asimismo na “    VI Forxa Literaria” (seminario de Estudios Deza, 2.003), e cunha ponencia no “Encontro sobre educación ambiental en Galicia” (Xunta de Galicia, 1.990). Cómpre termos moi presente que foi o coordinador da obra homenaxe ao insigne estradense Manuel Reimóndez Portela titulada MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA LEMBRANZA (Ed. Do Castro, 1.996), onde tamén colaborou co artigo “ A biblioteca de Castelao en Buenos Aires”.