PRIMAVERA NO PRINCIPAL - Programa cultural A Estrada 2017

              

ABRIL

                        “O PODER DE AMABEL”

                         Cía Pérez & Fernández

DÍA: 1  de abril

HORA: sábado ás 12.30h

XÉNERO: Teatro de monicreques e actores

DURACIÓN: 45 min

CATALOGACIÓN: + 5 anos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada Cultura)

O Poder de Amabel é una peza de teatro baseada na novela infantil de Érica Esmorís editada por Sushi books. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase nunha fantástica aventura.

 

 

                     “CAMPANILLA. EL MUSICAL. EL ORIGEN”

                          Sketch Eventos

DÍA: 8  de abril

HORA: sábado ás 17.30h e ás 19.30h

XÉNERO: Musical infantil

DURACIÓN: 85 min

CATALOGACIÓN: + 3 anos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 8,00 € (Entrada anticipada Cultura, Ticketea)

"Campanilla, el musical. El origen" é unha nova versión do "Peter Pan" de Barrie. Unha historia chea de romanticismo onde se resaltan os valores de respectar, com- partir e disfrutar. Neste musical descubriranse os segredos que o autor non se atreveu a contar no seu libro; como a orixe dos personaxes, a historia de como se coñeceron Peter Pan e Campanilla e a súa relación de amor-odio. Un musical  dirixido aos máis pequenos da casa pero pensado para disfrutar en familia.

 

 

                      “PELOS NA LINGUA”

                        Talía Teatro    

DÍA: 21 de  abril

HORA: 21.00h

XÉNERO: Comedia

DURACIÓN: 70 min

CATALOGACIÓN: + 16

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)

A segunda parte da exitosa "Bicos con lingua" chega ao Principal para seguir afondando, en clave de humor, na cuestión do conflicto lingüístico. A montaxe vai destinada a todo tipo de falantes: : aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non... a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas.

                    

 

                  “EL BÚHO, EN CONCERTO”                      

DÍA: Sábado 22

HORA: 21.30h

XÉNERO: Concerto Pop indie

DURACIÓN: 70 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 5,00 € + agasallo CD (Entrada anticipada Cultura)

Capitaneado por Héctor Martínez, e con músicos como Rubén Abel, Valentín Torrado ou Xosé Lueiro, o Búho fai a súa presentación en sociedade cun concerto no que dará a coñecer os temas que compoñen o primeiro traballo discográfico do grupo que bebe das influencias de artistas como John Mayer, Jeff Buckley ou Vetusta Morla.

           

 

                     “RUBÉN ABEL PAZOS EN CONCERTO”                        

DÍA: 28 de abril

HORA: 21.00h

XÉNERO: Concerto de guitarra clásica

DURACIÓN: 70 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada Cultura)

 Rubén Abel Pazos, profesor do Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, ofrecerá un concerto de guitarra, dirixido aos amantes da música clásica. Rubén Abel obtén o seu título de Profesor Superior de Guitarra en Santiago de Compostela. Posteriormente realiza cursos de perfeccionamento baixo a tutela de Eliot Fisk e Ricardo Gallén. Premiado en numerosos festivais e concursos, vén participando en festivais de guitarra por países como Tailandia, Francia, Italia, Japón, Hungría ou Rusia.

 

 

                    “TICKET”

                    Cía Clownic       

DÍA: 29 de abril

HORA: 21.00h

XÉNERO: Comedia xestual

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN: +12

ENTRADA: 8,00 € (Entrada anticipada Cultura) 10,00 (Billeteira)

"Ticket" é unha viaxe pola historia do cine de humor, un espectáculo de teatro de acción que toma como punto de partida as secuencias cómicas máis universais: Charles Chaplin, Marx Brothers, Keaton, Laurel & Hardy, Tati, Rowan Atkinson (Mr. Bean) e Monty Python, entre outros, para transformalas e trasladalas ao escenario reinterpretadas á maneira de Clownic. Unha sucesión de sketchs trepidantes e delirantes que fusionan o cine de humor e o teatro cómico cun só obxectivo: Facer rir ao público cada 10 sg.

 

 

 

MAIO

 

                       XOSÉ TOURIÑÁN                     

DÍA: 1 de  maio

HORA: 20.00h

XÉNERO: Comedia

DURACIÓN: 70 min

CATALOGACIÓN: + 12

LINGUA: Galego

ENTRADA: 10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Ticketea) 12,00 (Billeteira)

Un dos grandes referentes do audiovisual galego visita o Teatro Principal cun monólogo  onde encarna ao personaxe Manolo Lojo.  Compoñente de Mucha e Nucha e coñecido polas súas aparicións televisivas en programas como Land Rober, Era Visto ou Tourilandia; Xosé Touriñán compaxina esta faceta coa de narrador oral.  En "Manolo Lojo" , conta a vida deste personaxe en clave de humor "retranqueira" .

 

 

                       “GUATEQUE DE PRIMAVERA”

                       Coa banda de Manuel Manquiña e as Beatles galegas                           

DÍA: 5 de  maio

HORA: 21.00h

XÉNERO: Concerto

DURACIÓN: 120 min

CATALOGACIÓN: + 12

ENTRADA: 2,00 € (Entrada anticipada Cultura. Mulleres entrada de balde)

A banda do polifacético showman Manuel Manquiña, Os fabulosos Wekeend traerá ao Principal temas do pop-rock dos anos 60/70. Pola súa banda, The Funkles  realizará un concerto tributo aos Beatles en clave funk. Foi proclamado, recentemente, grupo revelación da International Beatleweek Festival de Liverpool, festival no que actuaron no mítico The Cavern. Chegarán á Estrada despois de realizar unha xira por Finlandia e Rusia.

   

 

                      “O MEU AVÓ É MAGO”

                      Cía Mundo Mandarina                           

DÍA: 6 de  maio

HORA: 12.30h

XÉNERO: Espectáculo de maxia infantil

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: 4-9

ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada Cultura)

A pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

 

 

                     “A CABEZA DO DRAGÓN”

                     Producións Teatrais Excéntricas

DÍA: Venres 12

HORA: 21.00h

XÉNERO: Farsa teatral

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN: +16

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)

"A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. Nesta montaxe, Quico Cadaval, fixa a súa atención en elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son outros temas da obra que continúan de actualidade.

     

 

                     “CONCERTO DE PRIMAVERA”

                     Banda Municipal da Estrada

DÍA: Sábado 13

HORA: 20.30h

XÉNERO: Concerto musical

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde (Previa retirada de invitación no Conservataorio e en Cultura)

Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada presenta o seu novo repertorio de verán coa estrea de obras que farán as delicias do público estradense afeccionado á música bandística.

                 

      

                    “NAI EN CONCERTO”         

DÍA: Domingo 14

HORA: 19.00h

XÉNERO: Música galega de autor

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: De balde (Previa retirada de invitación)

Os amantes da música folk teñen unha boa oportunidade de disfrutar do repertorio da agrupación galego-portuguesa Nai, un grupo comprometido tanto coa música como con problemáticas sociais como a desigualdade de xénero.

 

 

                    U2 TRIBUTE

DÍA: Sábado 13

HORA: 21.30h

XÉNERO: Concerto musical

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Mercaticket)

A banda intaliana Zen Garden é a banda clónica que realiza o mellor tributo do mundo aos aclamadísimos U2. Liderada polo cantante Zeno Sala, o grupo está integrado por Matt á guitarra, Luca no baixo e Kim na batería quen reproducen fielmente o son dos músicos orixinais The Edge, Adam Clayton e Larry Mullen,  respectivamente.

 

 

                    MIGUEL LAGO

DÍA: Sábado 13

HORA: 20.30h

XÉNERO: Concerto musical

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Ticketea) 12,00 (Billeteira)

Habitual nas últimas tempadas do "Club da Comedia", Miguel Lago acaba de ser nomeado, pola Paramount Comedy, comediante do ano, e vén de meter máis de 20.000 espectadores no Teatro Reina Victoria de Madrid co seu último espectáculo "SOY UN MISERABLE". Un espectáculo de humor irónico, co que encherá de gargalladas o Teatro Principal e que amosa o lado máis gamberro e egocéntrico do humorista.