Servizo de Normalización Lingüística

Que é?

snlO Servizo de Normalización Lingüística (SNL) é un servizo municipal que ten como obxectivo traballar no avance do proceso de normalización da lingua galega no concello da Estrada, fomentando o seu uso e mellorando as actitudes lingüísticas. Trátase, por tanto, dun servizo non só dirixido á administración local, senón a toda a cidadanía do concello.

 

Que fai?

Dinamización: o SNL ten a función de desenvolver actuacións de dinamización lingüística coa finalidade de fomentar o uso e aumentar o prestixio do galego no concello, ao tempo que tamén apoia as iniciativas deste tipo desenvolvidas por diferentes axentes.

Formación: outra das funcións do SNL é a de desenvolver actividades formativas destinadas ao persoal da administración local e a diferentes sectores sociais, para alén de informar sobre as organizadas por outras entidades e difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora. Tamén ten a función de colaborar en actividades formativas de carácter non lingüístico, para garantir a presenza do galego e contidos favorables á mellora das actitudes lingüísticas.

 

Recursos formativos de interese:

Asesoramento: finalmente, o SNL proporciona asesoramento lingüístico á administración e aos diferentes sectores sociais do concello (asociacións, empresas, cidadanía etc.). O SNL atende consultas lingüísticas relacionadas coa lingua galega e pode realizar correccións de textos en galego dirixidas a garantir a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe moderna, democrática e inclusiva. De xeito moi esporádico, poderá realizar traducións de textos breves do castelán ao galego. Estas accións van encamiñadas a garantir a calidade lingüística dos textos que vaian ter unha maior difusión dentro do concello, mais tamén a lles achegar ás persoas usuarias ferramentas para melloraren a súa competencia e a súa seguridade lingüística en galego, algo fundamental para o seu uso normal.

 

Recursos lingüísticos de interese:

Máis recursos: sección de recursos do Portal da Lingua Galega

 

Onde está?

Enderezo de correo electrónico:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 986 570 165, extensión 4501

Enderezo: Concello da Estrada, Departamento de Cultura (2º andar), Praza da Constitución s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra