Cursos de natación de verán

O Concello da Estrada oferta como cada ano os cursos de natación de verán 2017, que se levarán a cabo nas piscinas municipais nos meses de Xullo e Agosto.

As inscricións faranse no departamento de estatística na planta baixa do Concello. Establécense duas quendas e dous prazos de inscrición:

As clases de natación da quenda do mes de Xullo serán do día 4 o día 28, e o prazo de inscrición empeza o luns 19 de Xuño remata o venres día 30 de Xuño.

As clases de natación da quenda do mes de Agosto serán dende o día 1 ata o día 31, e o prazo de inscrición empeza o luns 17 de Xullo  e remata o venres día 28 de Xullo.

Nas quendas, as clases serán de martes a venres. Os luns non haberá clases o pechar as piscinas por tarefas de mantemento. Os cursos terán lugar en horario de mañán e ofértanse clases de iniciación e de perfeccionamiento. Segundo o número de participantes e o nivel dos mesmos, faranse os grupos. É necesario un mínimo de 12 alumnos para levar a cabo a actividade nas piscinas municipais. O prezo será de 20 euros por mes e alumno.

A forma de pago levarse a cabo a través do Banco Sabadell, no número de conta: ES78 0081 2208 2300 0101 2603. É necesario que no concepto do recibo bancario figure o nome do alumno. O xustificante de pago debe de presentarse xunto ca ficha de inscrición do alumno, no departamento de estatística do Concello da Estrada.