VIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2017

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a sétima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 200+100 prazas por quenda.

Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

                A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 80 euros por participante e mes. O único desconto no prezo será segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 60 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 30 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

                Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. De quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles nenos/as que non se atopen empadroados no noso concello.

                As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalacións das piscinas municipais.

TEMPORALIZACIÓN:

XULLO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SABADOS

DOMINGOS

         

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

           

AGOSTO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SABADOS

DOMINGOS

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

     
  • Días de actividade
  • Días de non actividade

                O Campus Deportivo de verán conta con servicio de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con paradas diante do Concello,  Bar Gran Vía, Ambulatorio e Cafetería Invictus con regreso.

                Os interesados en formalizar a inscripción deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa-departamento de estatistica) a partir do vindeiro xoves día 1 de xuño ás 8:30 horas.

                As prazas adxudicaranse segundo a orde de inscripción ata esgotar as mesmas. No momento de esgotar as prazas comezará una lista de espera.

                A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas.

                O pago farase antes do venres día 16 de xuño, antes do comezo da actividade, tendo que presentar o resgardo de pago no departamento onde se fixo a inscrición no Concello xunto ca documentación requerida.

                Aqueles inscritos que non presenten o resgardo de pago antes do comezo da quenda correspondente, quedarán excluidos da actividade, e ocupará o seu lugar o primeiro inscrito da lista de espera.

 

cartel campus veran2017