Bandeira, escudo e himno

A bandeira

bandeiraDecreto 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada.

O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de represen­tación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos em­blemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Au­tónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme ás normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xu­llo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminis­tracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobar a bandeira do Concello da Estrada, que figura como anexo, or­ganizada do seguinte xeito:

«Dividida por unha banda branca, de verde á hasta e de vermello ao batente».

 

O escudo

escudo aestradaDecreto 130/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba o escudo do Concello da Estrada.

O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de represen­tación gráfica do escudo, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos em­blemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Au­tónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xu­llo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminis­tracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobar o escudo do Concello da Estrada, que figura como anexo, orga­nizado do seguinte xeito:

«De sinople (verde) e sobre ondas de prata (branco), unha ponte de cinco ollos de ouro (amarelo), coroada por unha torre, oca e tamén de ouro, e nos flancos dúas vieiras de prata, coroadas, pola súa vez, por cadansúa estrela de ouro. Ao timbre, coroa real pechada».

 

 

O himno

Terra nobre, fidalga e ben labrada,
dende Montes a ollar fecundos ríos.
Mociña florecida en amoríos que de
cincuenta estrelas es gardada.

De pazos e de pontes adornada,
de castros e de rexos penedíos,
de soutos e camposas, aduvíos da
palabra que é lei dita na Estrada.

Sosegan na túa paz os bos viaxeiros
e medran os teus fillos na irmandade
e na fiel memoria os devanceiros.

Con ramos de benvida e lealdade
sairemos todos xuntos ós carreiros
cun cantar de esperanza e liberdade:

O himno novo das terras da bonanza
a resoar polos vales e os outeiros
ata onde o corazón a Patria alcanza

Letra: Salvador García Bodaño. Música: Eulogio López Masid.

 

O himno

Descargar pdf

Descargar mp3