Como chegar

O concello da Estrada está estratexicamente encadrado entre Pontevedra e Santiago de Compostela, e limita cos concellos de Cuntis, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Silleda, Pontecesures, Valga, Teo, Padrón, Vedra e Boqueixón.

Pola súa situación central na provincia, desde A Estrada accédese ás grandes cidades de Galicia, Santiago de Compostela, capital espiritual e política do país, da que só a separan 25 km e ás grandes cidades do norte e do sur, coma A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Ten unha extensión de 281,8 km2 e unha poboación de 22 456 habitantes, distribuídos entre as 51 parroquias e 473 lugares que o fan o municipio con máis núcleos rurais de todo o Estado .



Distancia coas principais cidades por estrada:


  • A Coruña: 86 km.
  • Ferrol: 115 km.
  • Lugo: 99 km.
  • Ourense: 79 km.
  • Pontevedra: 37 km.
  • Santiago de Compostela: 25 km.
  • Vigo: 64 km.

Información das estradas galegas

D.X.T. Dirección Xeral de Tráfico. www.dgt.es
Ministerio de Fomento. www.mfom.es
Xunta de Galicia. www.xunta.gal

Autobuses
Estación de autobuses: rúa Matadoiro. Teléfono: 986 572 740

Transporte aéreo
Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela). Teléfono: 981 547 500
http://www.aena.es/

situacion