Escola Infantil Municipal da Estrada

Durante a primeira quincena do mes de abril está aberto o prazo de solicitude de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2017/2018.

Os impresos de solicitude están á disposición das persoas usuarias na EIM.

Documentación que hai que presentar xunto coa solicitude:

  • Fotocopia do DNI da/o nai/pai.
  • Fotocopia e orixinal do libro de familia.
  • Fotocopia e orixinal do título de familia numerosa, de ser o caso.
  • Xustificante de ocupación laboral ou xustificante de ser demandante de emprego.
  • Xustificante de ser beneficiario/a da Risga, de ser o caso.
  • Fotocopia e orixinal da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
  • Fotocopia e orixinal do certificado do recoñecemento do grao de discapacidade alegado polos membros da unidade familiar, de ser o caso.
  • Volante de empadroamento familiar.

Normativa aplicable: Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia [Axencia Galega de Servizos Sociais] para o curso 2017/18 (DOG núm. 47, 8 de marzo de 2017)