Concello da Estrada

Campaña de micromecenado para desenvolver un proxecto de biopsia líquida

O obxectivo de Oncomet é propoñerlle a toda a sociedade civil galega que financie, colaborativamente e de forma desinteresada, un proxecto deseñado polo grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, co obxectivo de poñer aos galegos e galegas ás portas da medicina de precisión.


O grupo desenvolve a súa actividade no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e pertence ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Os fondos que se consigan dedicaranse á contratación de persoal e á adquisición de instrumental e material funxible para levar a cabo un proxecto de investigación moi ambicioso, dentro do campo da biopsia líquida, e que poderá dar lugar nun futuro á mellora do manexo clínico de pacientes oncolóxicos.
http://www.oncomet.es/