Concello da Estrada

Campionato Seleccións Autonómicas

O Campo Municipal da Estrada acollerá a segunda fase do Campionato de España de seleccións autonómicas SUB 18 e SUB 16 masculinas, do 24 ó 26 de febreiro.

As seleccións galegas competirán contra Madrid e Ceuta en busca dunha praza na Fase Final

                A segunda fase do XV Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub18 e VIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub18 Sub16 masculino que vai a organizar a Federación Galega de Fútbol xa ten sede: o Campo Municipal da Estrada será o escenario dos partidos que enfrontarán ás selección galegas con Madrid e Ceuta os días 24, 25 e 26 de febreiro.

                VENRES 24 DE FEBREIRO: 10:30 HORAS MADRID SUB 16-GALICIA SUB 16

                                                                                   12:30 HORAS MADRID SUB 18-GALICIA SUB 18

                SÁBADO 25 DE FEBREIRO: 10:30 HORAS MADRID SUB 16-CEUTA SUB 16

                                                                                   12:30 HORAS MADRID SUB 18-CEUTA SUB 18

                DOMINGO 26 DE FEBREIRO: 10:30 HORAS GALICIA SUB 16-CEUTA SUB 16

                                                                                   12:30 HORAS GALICIA SUB 18-CEUTA SUB 18

                O noso combinado Sub18 chega a esta segunda fase con moitas opcións de pasar á fase final, despois do seu gran papel na primeira fase, na que sumou os seis puntos en xogo. Tamén con seis puntos chega Madrid, mentres que Ceuta xa non ten posibilidades de clasificarse. Máis difícil se lle presenta o pase á fase final á selección Sub16 xa que sumou un punto na primeira fase.

                Para iso, esperamos que a afección encha o Municipal da Estrada para animar ós combinados galegos, tendo en conta o atractivo do evento e o feito de que a entrada ao campo será gratuíta.

                A Federación Galega de Fútbol  agradece a magnífica predisposición e colaboración do Concello da Estrada, e volve apostar así pola organización dun gran evento de seleccións, que terá lugar nun excelente campo que cumpre con todos os requisitos esixidos pola RFEF.

                Desde o Concello de A Estrada agradecemos a FGF a súa  boa disposición para facer posible a organización deste torneo, poñéndose á nosa enteira disposición desde o primeiro momento.

 

cartel