AXENDA CULTURAL SEMANA 14-20 DE MAIO

  • 1.000 FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA
  • "RUTA DAS LETRAS"
  • "OFRENDA FLORAL"
  •  "UN DÍA DA FORMIGA"
  • "TÍTEREHOP"
  • "BATALLA DE BANDAS"
  • "PREGÓN DA XXXIX EDICIÓN DA FESTA DO SALMÓN"
  • "ACTUACIÓN DA CORAL POLIFÓNICA ESTRADENSE"

 

EVENTO: 1.000 FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA

DÍA: MÉRCORES 16 DE MAIO

HORA: 20.00 h

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL

CONTIDO: Acto de reinvindicación do uso do galego no ámbito das festas populares. Especialmente dirixido a comisións de festas, representantes de artistas, agrupacións folclóricas, agrupacións corais, bandas de música, orquestas, grupos etc...

 

EVENTO: "RUTA DAS LETRAS"

DÍA: Xoves 17 DE MAIO

HORA: 9.45 h

LUGAR: Diante da igrexa de Ouzande

CONTIDO: Ruta organizada pola A.C. A Fervenza de Ouzande con motivo da celebración do día das Letras Galegas. O percorrido transcorrerá por carballeiras e montes da Somoza e Ouzande ata completar unha distancia de 11 quilómetros. A volta está prevista para as 13.30 h.

 

EVENTO: "OFRENDA FLORAL"

DÍA: XOVES 17 DE MAIO

HORA: 12.00 h

LUGAR: Xardíns municipais

CONTIDO: Ofrenda floral diante do monumento de Marcial Valladares con lectura dun manifesto a cargo dun persoeiro relacionado co mundo da cultura e a actuación da Banda de Gaitas de Barbude.

 

EVENTO: "UN DÍA DA FORMIGA"

DÍA: XOVES 17 DE MAIO

HORA: 12.30 h

LUGAR: Teatro Principal

PREZO:2€

CONTIDO: Obra de teatro infantil escenificada pola compañía ENCENA PRODUCCIÓNS. Cunha duración estimada de 45 minutos, a peza é apta para nenos maiores de 3 anos.

SINOPSE: A obra conta as desventuras de Historildo, un auténtico contador de historias, que desexaba conquistar novos mundos coas súas historias, porque a fraga onde vivía quedou pequena para os seus soños. A profesora SabeTodo (o ser máis intelixente da fraga) e as súas fórmulas máxicas axúdanlle a Historildo a embarcarse nunha fascinante aventura na que Formiceira, a formiguiña doceira, que naquel día estaba rematando de facer os doces do aniversario do León, é sorprendida por unha tempestade de neve. A partir dese momento a formiga envólvese en inusitadas situacións e cos máis dispares personaxes que marcarán toda a historia da súa vida.

*NOTA: Esta peza substitúe en cartel á "Gata borrallenta" debido á repentina indispoñibilidade dun actor da compañía.

 

EVENTO: "TÍTEREHOP"

DÍA: VENRES 18 DE MAIO

HORA: 16.00 h

LUGAR: Sala de exposicións do Teatro Principal.

CONTIDO: Obradoiro de títeres e hip hop patrocinado por Política Lingüística. Para rapaces de entre 13 e 17 anos.

 

EVENTO: "BATALLA DE BANDAS"

DÍA: SÁBADO 19 DE MAIO

HORA: 23.30 h

LUGAR: Teatro Principal

CONTIDO: Concurso dirixido a grupos Pop-Rock. O gañador será teloneiro dunha banda do panorama nacional nas vindeiras festas de San Paio.

 

EVENTO: "PREGÓN DA XXXIX EDICIÓN DA FESTA DO SALMÓN"

DÍA: DOMINGO 20 DE MAIO

HORA: 12.00 h

LUGAR: Teatro Principal

CONTIDO: A lectura do pregón, a cargo do xornalista e pescador Miguel Piñeiro, irá acompañada da entrega dos Salmóns de Ouro ao conselleiro de Educación e Cultura D. Xesús Vázquez Abad e ao catedrático estradense D.Manuel Luis Sanmartín Durán.

 

EVENTO: "ACTUACIÓN DA CORAL POLIFÓNICA ESTRADENSE"

DÍA: DOMINGO 20 DE MAIO

HORA: 20.00 h

LUGAR: Teatro Principal

CONTIDO: Concerto coral de 50 minutos de duración que, ademais de recuperar pezas de anos anteriores, estreará versións corais de clásicos coma “Sublime calma” de F. Liszt, “Moon river”, “Moliendo café” ou “Quen puidera namorala”.