Prev. accidentes domésticos

Prev. accidentes domésticos

 

Como previr os accidentes domésticos

prev accid domesÉ no fogar, onde a familia adoita pasar a maior parte de tempo ao longo da súa vida, e é alí onde tamén existen posibilidades de que xurda algún accidente doméstico de calquera tipo. Aínda que todos os membros da familia teñen as mesmas posibilidades de sufrir un accidente, son os nenos os que os sofren con maior frecuencia. A idade e a súa situación na vida convérteos pola súa ignorancia, despreocupación, debilidade e características mentais, nos máis indefensos e vulnerables.

Os nenos non paran e hai que ter moitísimo coidado, calquera cousa pode ser perigosa para eles. Por ese motivo poñer en marcha plans de seguridade no fogar é fundamental para a seguridade dos nenos. ¡ Todo é pouco para o coidado dos máis pequenos!. As estatísticas demostran que é nos fogares, onde nenos e nenas de ata 4 anos sofren os accidentes en maior medida. Os máis frecuentes son as caídas, os golpes, cortes, queimaduras e afogamentos. Os accidentes nos fogares constitúen un dos puntos álxidos para os nenos.

Diversos estudios reflicten que nos accidentes domésticos sufridos polos nenos, as súas causas, por orde de incidencia, son as seguintes: queimaduras, cortes, caídas, asfixias, inxesta de produtos tóxicos ou medicamentos, descargas eléctricas, atropelos, accidentes de tráfico, poden e deben ser evitados, se os pais e coidadores actúan axeitadamente. Hai que ensinar os nenos acerca dos perigos e tratar de evitar que os xogos se transformen nun xogo mortal. Guia infantil facilita algúns consellos para previr os accidentes no fogar que, poden ser, ademais, válidos para toda a familia:

Prema aquí para visualizar toda a información.

 

 

xogo teo bea