Actividades para maiores 2017

O mércores, 25 de xaneiro, comeza o prazo para anotarse nas actividades para maiores, tanto no ámbito rural como no urbano (actividades de zumba, xerontoximnasia, taller de memoria). Estas actividades están dirixidas a persoas maiores de 50 anos, ou menores de 50 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

PRAZO SOLICITUDES:

O prazo estará aberto desde o día 25 de xaneiro ata o 17 de febreiro (ambos os dous días incluídos). 

DOCUMENTACIÓN:

- Solicitude: pódese descargar aquí e deberase presentar cuberta e asinada.

- Fotocopia do DNI.

- Certificado de discapacidade, no caso de ser menores de 50 anos.