Depotermal 2017

O prazo para presentar as solicitudes é do 5 de xuño ó 30 de xuño do corrente.

 

Organiza: Deputación Provincial de Pontevedra en Colaboración co Concello da Estrada.

O programa consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou de tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra.

O plan Termal da Diputación pon en marcha dous programas termales:

- Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco dias consecutivos.

- Programa termal con pernocia, e domingo a venres en réxime de pensión completa.

 

BENEFICIARIOS:

  • Persoas nacidas antes do 1 de xaneiro de 1967, ou ser pensionista da seguridade social.
  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superios ao 65%. ainda que non cumpran o   requisito da idade.
  • Persoas coidadoras que precisen un respiro familiar.

É requisito indispensable estar empadroadas no Concello da Estrada, asi como non padecer  ningunha emfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES:

O prazo de presentación da solicitudes permanecerá aberto dende o 5 o ata o 30 de xuño.

As solicitudes presenteranse no Departamento de Servizos Sociais, achegando xunto co modelo de solicitude debidamente cumprimentado a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante e do acompañante, no caso de ser extranxeiro copia do permiso de residencia.
  • Certificado de pensións, no suposto de ser pensionista.
  • Valoración social (se corresponde) para prazas de reserva a través de servizos sociais.
  • Informe de respiro familiar a petición do/a interesado/a emitido polo traballador social.
  • Certificado ou tarxeta acreditativa do recoñecemento de discapacidade (se corresponde)

Descargar modelo de solicitude

      

IMPORTE A PAGAR POR PARTICIPANTE:

Programa depotermal de asistencia diaria:

  • HOTEL SPA NUEVO ASTUR (SANXENXO)                  37€
  • HOTEL SPA VIA ARGENTUM DE SILLEDA                 42€
  • HOTEL SPA CARLOS I SILGAR SANXENXO              48€
  • HOTEL BENESTAR SPA MOAÑA                              53€
  • BALNEARIO MONDARIZ                                        61€
  • HOTEL TALASO ATLÁNTICO DE OIA                       69€
  • BALNEARIO HOTEL EUROSTARS ILLA DA TOXA      70€
  • HOTEL BALNEARIO DE CUNTIS                              72€

 

Programa depotermal  en rexime de pernocta:

  • HOTEL SPA NUEVO ASTUR (SANXENXO)                 190€
  • HOTEL SPA NORAT O GROVE                                    200€
  • HOTEL SPA VIA ARGENTUM DE SILLEDA                 203€
  • HOTEL TALASO LOUXO A TOXA                                237€
  • HOTEL SPA CARLOS I SILGAR SANXENXO              250€
  • HOTEL TALASO ATLANTICO DE OIA                        250€
  • HOTEL TALASO SANXENXO                                      250€
  • HOTEL BALNEARIO DE CUNTIS                                256€

 

Para mais información dirixirse o Departamento de Servizos sociais, na planta baixa do Concello ou chamando ao telefono 986573265.