Actividade de MUSICOTERAPIA

O luns, día 30 de xaneiro, ábrese o prazo para anotarse na actividade de MUSICOTERAPIA, dirixida a persoas maiores de 60 anos, ou menores de 60 cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

PRAZO SOLICITUDES:

O prazo estará aberto dende o día 30 de xaneiro ata o 17 de febreiro (ambos os dous días incluídos). 

DOCUMENTACIÓN:

- Solicitude: pódese descargar premendo aquí e deberase presentar cuberta e asinada.

- Fotocopia DNI.

- Certificado de discapacidade, no caso de ser menores de 60 anos.