Feira do Moble

.
logfecaep

Unha realidade en marcha que evoluciona a carón das esixencias imperantes

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada é unha Institución sen ánimo de lucro que xurdiu a finais do ano 1992 co obxectivo de promocionar o sector da madeira e o moble, piar básico sobre o que se sustenta o desenvolvemento socio-económico desta comarca.

logfeiramoble

Neste senso, a xerencia desta Institución pasou a ser o ente organizador da FEIRA DO MOBLE DE GALICIA, contando en todo momento coa inxente colaboración do sector mobleiro da zona e xestionando o evento con claridade e transparencia.

Ano tras ano, vense celebrando, sempre coa mira posta en dar a coñecer e promocionar o moble galego en xeral e estradense en particular máis alá das propias fronteiras espaciais da nosa Comunidade Autónoma.

Este é un feito constatable pero o equipo organizativo, traballa activamente para darlle a cada edición un novo aire, aperturista e integrador, onde todos atopen o que buscan ou esperan del.

A Fundación alberga outra serie de actividades tales como a "ESCOLA DO MOBLE", proxecto de Formación Ocupacional, financiado integramente pola Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Esta escola, vén funcionando dende o ano 1993, proporcionándolles aos desempregados unha cualificación profesional para a súa integración no mercado laboral xa que, por diversas causas saíron dos circuítos formativos convencionais, sen acadar un nivel formativo acorde coas esixencias do momento que nos toca vivir.

Por outra banda, a Fundación de Exposicións e Congresos, é centro colaborador do SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN e conta así mesmo cun departamento de ORIENTACIÓN LABORAL.

Dende ambos dous, vense xestionando de cotío e de forma gratuíta a demanda e a oferta de emprego, tanto da Estrada como da súa área de influencia.

No eido cultural, instituíu o "PREMIO XORNALÍSTICO M. REIMÓNDEZ PORTELA" que promove e divulga a lectura.

A Fundación organiza tamén a " FEIRA DE PROFESIONAIS DO MOBLE", e o " SALóN DAS ANTIGÜIDADES " no que se mostran tanto mobles como outros complementos antigos.

Na actualidade, esta Institución está acometendo importantes cambios estruturais e organizativos para dar unha resposta clara e contundente ás necesidades dos sectores productivos que se identifican coa nosa política de xestionar os recursos dispoñibles e que se implican de forma activa no seu devir cotián.

Escola do Moble da Estrada

A Escola do Moble da Estrada, vén desenvolvendo a súa actividade de formación ocupacional dende 1993 coa finalidade de insertar laboralmente unha cualificación profesional dentro do sector do moble e da madeira, ámbos dous de grande implantación na comarca da Estrada.

A formación conquerida na nosa escola permítelles entrar na dinámica laboral cunha grande competitividade en termos de coñecementos teóricos e prácticos. Esta formación vese complementada mediante a impartición de seminarios, cun contido que vén determinado polas tendencias marcadas dende o ámbito empresarial.

A optimización dos recursos humanos convértese na clave da capacidade de iniciativa e competencia técnica dunha comunidade. Esta é a tradución máis concreta dos proxectos da Escola do Moble da Estrada que deron como resultado un índice de inserción laboral superior ao 37%

Cursos Impartidos

  • Carpinteiro (900 h)
  • Deseñador de mobles (600 h)
  • Artesán Tallado e Modelado (900 h)
  • Restaurador de Mobles (500 h)
  • Operador acabado de mobles (340 h)
  • Ebanista (900 h)
  • Mecánico de Mant. Industrial (490 h)
  • Escaparatista (250 h)
  • Confeccionador de Tapices (325 h)
  • Locutor de Radio e T.V. (500 h)
  • Prev. e Corrección de Medioambiente Urbano (450 h)
  • Canteiro (600 h)
  • Espec. Deseño Asistido por Ordenador (200 h)
  • Albanel (675 h)
  • Tallista (600 h)
  • Traballador Forestal Calificado (200 h)
  • Xefe de Vendas (300 h)
  • Relacións Públicas (350 h)

Datos de Interese

feira do moble

 

 

Actividades Complementarias:

  • Seminarios
  • Charlas Técnicas
  • Xornadas Especializadas:
    • Sector forestal
    • Educación para a saúde
    • Drogodependencias
    • Primeiros Auxilios
    • Orientación Cívico - Social
    • Técnicas de Busca de Emprego

Visitas Didácticas

  • Visitas Formativas a:
    • Empresas do moble
    • Empresas de 1ª Transf. madeira
    • Obradoiros artesanais
    • Empresas de deseño
    • Intercambios entre cursos
  • Visitas guiadas a centros de Investigación

Outras Actividades

  • Asesoramento e axuda para a creación de novas empresas proxectadas polos alumnos
  • Viaxes culturais
  • Actividades Deportivas