O Punto Limpo

Aos efectos de proceder á recollida de materiais de desfeito (ferros, electrodomésticos, colchóns, sofás, e outros útiles metálicos) para depositar no punto limpo do noso Concello co fin de facilitar o transporte aos veciños e veciñas.

Que a recollida levarase a cabo instando aos interesados que cumpran as seguintes condicións:

1. É imprescindible que toda persoa que queira solicitar este servizo chame ao teléfono 986-570030.

2. Toda persoa que chame debe dar o seu nome, enderezo, teléfono e especificar o material a depositar (en ningún caso se recollerá material sen antes chamar ao teléfono citado anteriormente).

3. A data de recollida seralles comunicada telefonicamente. Cabe recordar que non se pode depositar estes materiais ata a data sinalada para a súa recollida.

 

   puntolimpo2  

 

O Concello da Estrada amosa a súa preocupación polo medio ambiente, por iso conta cun centro de recollida de lixo como é un punto limpo.
Os Puntos Limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

 

Para tirar residuos no PUNTO LIMPO, pódese facer por conta propia, todos os xoves e venres de 9:00 a 13:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, situado no lugar de Penerada (Ouzande) detrás do Matadoiro Municipal. Para calquera consulta pódese contactar no horario de apertura no 649 490 623.

 

   puntolimpo6  

 

A recollida selectiva consiste na separación en orixe de residuos limpos e na recollida destes residuos en colectores separados.

As vantaxes da recollida selectiva son:

  • Aforro de materia prima
  • Aforro de enerxía
  • Menor contaminación das industrias no proceso de fabricación
  • Os residuos depositaranse nos diferentes colectores de recollida selectiva:

 

 contverde  

Iglú verde: vidro (tarros, frascos, botellas)

 contazul  

Iglú azul: papel e cartón. (caixas de cereais, galletas, xornais, revistas, ...)

 contamarelo  

Iglú amarelo: envases metálicos (latas de conservas, de refrescos, etc), de plástico (deterxente, auga, etc), brick (zume, leite, etc).

 

Obxectivos dos Puntos Limpos

Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais. Os obxectivos principais destas instalacións son:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de entullos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
  • Redución do volume dos residuos a tratar ou eliminar nos vertedoiros controlados, co que aumenta a vida útil dos existentes.

O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cos Centros Verdes).

 

   

puntolimpo3

 

 

Actividades realizadas no Punto Limpo:

O punto limpo é unha instalación de agrupamento de residuos domiciliarios no que se levan a cabo as seguintes actividades:

 

  • Control e recepción de residuos á chegada ao Centro.
  • A clasificación e agrupación dos residuos de natureza compatible.
  • A expedición dos residuos ata as diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.

 

Residuos admisibles no Punto Limpo:

  • Vidro (iglú)
  • Papel (iglú)
  • Cartón (iglú)
  • Bricks, latas, envases.
  • Madeira.
  • Metais: aluminio, ferro, cobre, aceiro inoxidable, etc
  • Plásticos.
  • Téxtil limpo

 

Voluminosos

  • Electrodomésticos
  • Útiles, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc
  • Entollos inertes de obra.

 

Tóxicos e perigosos

  • Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches.
  • Baterías de automóbil.
  • Disolventes.
  • Pilas.
  • Esprays / aerosois
  • Radiografías
  • Tubos fluorescentes.
  • Pinturas e disolventes

 

Residuos non admisibles

  • Materiais sen clasificar
  • Materia orgánica.
  • Zapatos e roupa sucia
  • Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citotolóxicos.
  • Residuos radioactivos (Pararraios...)
  • Residuos industriais de grandes e medianas empresas.
  • Residuos agrícolas ou gandeiros.
  • Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
  • Produtos procedentes de decomisados
  • Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible.

Consellos para a separación colectiva 

  • Cómpre ter especial coidado cos fluorescentes e as lámpadas de mercurio. Procura que non se rompan durante o traslado, xa que se trata de residuos moi perigosos.
  • No caso dos disolventes, pinturas e vernices existe a prohibición formal de mesturar as substancias con outras de características diferentes.
  • Procura ser coidadoso ao transportar frigoríficos e outros electrodomésticos con CFC's para evitar que se rompa o seu circuito de refrixeración. Os CFC's son altamente contaminantes.
  • Nunca mestures os aceites de motor con outro tipo de aceites.
  • Procura evitar que os medicamentos se humedezan.
  • Os aerosois non deben de desmontarse. Deposítaos enteiros no colector correspondente.
  • Nos colectores verdes pode depositarse calquera tipo de vidro: botellas, tarros, etc. Na planta de tratamento retíranselle os restos de cortiza, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente ao iglú, sen bolsa.
  • Debes tirar os bricks no colector amarelo, xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido.
  • O papel e o cartón van ao colector azul, directamente ou nunha bolsa de papel.
  • Se un residuo ten materiais que pertencen a diferentes categorías, debes separalos para botalos ao colector que corresponda.

Mantén limpo a túa vila, utiliza o Punto Limpo.

 puntolimpo4  puntolimpo5

Descargar Regulamento