Axudas ao emprego

INICIATIVAS DE EMPREGO: ILES - IER. PROCEDEMENTO DE CUALIFICACIÓN E INSCRICIÓN REXISTRAL (TR340A)

 

Obxecto:

Enténdese por Iniciativas de Emprego os proxectos empresariais de carácter privado innovadores, xeradores de emprego, promocionados e apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial da Comunidade Autónoma Galega, previamente cualificados como iniciativas de emprego e inscritos como tales no rexistro administrativo habilitado a tal fin nas Delegacións Provinciais e na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo.

 

Descrición:

Clases:

As iniciativas de emprego poden ser de dúas clases:

- Iniciativas Locais de Emprego (ILES)

- Iniciativas de Emprego Rural (IER)

 

Requisitos de cualificación:

Para obter a cualificación de Iniciativa de Emprego e proceder á súa inscrición como tal no correspondente rexistro, os proxectos empresariais deberán reunir os seguintes requisitos:

 

a. Iniciativas Locais de Emprego (ILES)

- Ser viables técnica, económica e financeiramente.

- Xerar postos de traballo estables.

- Estar apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e ter a sede social e fiscal no seu respectivo territorio.

- Ter un cadro de persoal previsto, ao constituírse a empresa, non superior a vintecinco traballadoras e traballadores, agás que, concorrendo razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade nunha zona determinada, poderán ser cualificadas como iniciativas de emprego proxectos que prevexan un cadro de persoal superior.

- Que se trate de empresa privada de nova creación.

- Que a producción de bens e servicios estea relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona, cubra necesidades non satisfeitas na estructura existente.

 

b. Iniciativas de Emprego Rural (IER)

Ademais dos requisitos citados anteriormente, deben estar integrados nun plan de actuación conxunto elaborado por un departamento sectorial da Xunta de Galicia e a Consellería de Traballo, dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego, e estar apoiados polo departamento sectorial correspondente.

 

 

Cualificación e rexistro:

- Poden solicitar a cualificación como ILE ou IER as persoas promotoras dos proxectos empresariais ou as empresas constituídas nos 6 meses anteriores sempre que non iniciaran a actividade. A estes efectos enténdese que se inicia a actividade cando causa alta no IAE.

 

- Para obter a cualificación de ILE ou IER a persoa promotora do proxecto deberá presentar ante a correspondente Delegación Provincial ou ante a Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo a solicitude de cualificación, en modelo normalizado, acompañando a seguinte documentación:

* Declaración de non ter iniciado a actividade.

* Memoria explicativa da viabilidade do proxecto empresarial, detallando os aspectos técnicos de producción e comercialización, o plan de investimentos a realizar e as fontes de financiamento.

* Certificación da Administración Pública colaboradora na que se especifique de forma detallada e concreta a infraestructura, instrumentos ou medios postos a disposición do promotor para a execución e/ou xestión do proxecto.

* Informe razoado e documentado da administración colaboradora sobre a viabilidade do proxecto empresarial, que é potestativo cando a administración colaboradora sexa unha administración local de carácter territorial e preceptivo cando sexa un departamento da Xunta de Galicia.

 

Cando se achegue informe da administración colaboradora, non será preciso acompañar a memoria explicativa referida anteriormente.

 

 

- A competencia para o coñecemento e resolución das solicitudes de cualificación dos proxectos empresariais como ILES ou IER corresponderalle:

a. Ás Delegadas e Delegados Provinciais da Consellería de Traballo , competentes por razón de territorio en atención ao domicilio social da empresa que se pretende constituír.

 

b. Ao Director Xeral de Promoción do Emprego cando se trate de proxectos empresariais apoiados por un departamento da Xunta de Galicia.

 

- O prazo para resolver será de un mes se se aporta informe da administración colaboradora e de dous meses en caso de non existir o dito informe. Transcorridos os ditos prazos sen resolución expresa, se poderá entender estimada a solicitude de cualificación.

 

- En cada unha das Delegacións Provinciais e na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo levarase un rexistro administrativo de iniciativas de emprego , no que se inscribirán os proxectos empresariais cualificados como ILES ou IER.

 

- A inscrición no rexistro administrativo farase de oficio na mesma data na que se cualifique o proxecto empresarial como iniciativa de emprego, facendo constar, entre outros, os seguintes datos:

* Número de rexistro e data de cualificación como iniciativa de emprego con identificación da súa clase.

* Datos de identificación do proxecto empresarial, con indicación do nome ou razón social, domicilio social e localidade.

* Definición, obxecto e actividade económica.

* Número previsto de postos de traballo a crear.

* Identificación das persoas promotoras do proxecto empresarial ou, no seu caso, da persoa representante da empresa xa constituída.

* Administración local ou departamento da Xunta de Galicia que colabora no proxecto, con expresión da forma de participación e no seu caso do plan de actuación no que se integra o proxecto.

* Vencimento do prazo para constituirse en empresa e/ou iniciar a actividade.

 



ENDEREZOS E TELÉFONOS DE INFORMACIÓN

 

CONSELLERIA DE TRABALLO

DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DE  EMPREGO
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
TELEFONOS:
981-957727, 981-544716, 981-544682, 981-957253, 981-957732, 981544721

 

DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
R/ Fernando Macías, 18-20 - 1º -
15004 A Coruña
TELEFONOS:
981 17.46.40- 981.17.46.59

 

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
R./ Ronda da Muralla, nº 70-baixo
27071 LUGO
TELEFONO:
982-294048- 982-294911

 

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, 79 – 6º
32004 Ourense
TELEFONOS:
988-386823

 

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
R./ Concepción Arenal, nº 8 , 2º
36201 VIGO
TELEFONO:
986-817021

 

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA:
TELEF.: 902. 125.000

REDE DE TÉCNICOS LOCAIS DE EMPREGO

www.tecnicosempregogalicia.xunta.es

 

 

Prazo de presentación:

Indefinido

 

 

Arquivos:

Normativa aplicable:

Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 18, de 27/01/2007) (395 Kb)

 

Anexos:

Solicitude TR340A(45 Kb)

 

Atención:

Enlace a Guía do Cidadán (TR340A)