O Sábado, 13 de Setembro às 22:00hs. na Praia fluvial da Estrada , (Pontevedra), terá lugar o Festival Pé na Estrada 2008 con as actuacións de:
Kussondulola
GalegoZ
O Sonoro Maxín
Sacha na Horta
Sesión Mp3 para o remate
Garantizamos moita festa nunha carpa de 1000m2 e zona de acampada .
Entrada , acampada e un CD ou camisola de regalo por só 5€.
Kussondulola
Kussondulola . Reggae en portugués, sentido co corazón e cun monton de seguidores incondicionais. A historia deste colectivo musical comeza hai 13 anos, co liderazgo de Janelo Costa, angoleño que reside en Portugal. A partir deste momento, popularizan o reggae en portugués e comparten escenario con UB40.
O proxecto GalegoZ nace a finais de 2005 como un experimento de Denís Mutante e Marcos Payno para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo... En Febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda.
Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño... Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.
Sacha na Horta son un grupo de mulleres da compostelá rúa das Hortas que se presenta así: "Sete da manhá. Rúa das Hortas. Chego a casa enchoupada, pingando.
Deixo o sacho.A cabeça nom trabalha. Pitan-me os oídos. Uns mexilhóns apodrecen na cocinha. Fede. Hai gente a durmir no chan. Entro no quarto. Hai gente a durmir no meu quarto. Almas en pena, coitadas, pelexas... Volta a colher o sacho. A Terra do Sol precisa ser trabalhada. Cada día. Cada instante. Cada quem. É veram. Chove, pero aquí vai calor"